8 DE MARZO "100 ANOS CELEBRANDO, TODA UNHA VIDA LOITANDO"



100 ANOS CELEBRANDO, TODA UNHA VIDA LOITANDO!


Luns, 8 de marzo de 12h a 20h30 na Rúa Barcelona (Praza das Conchiñas)

Como celebración dos 100 anos do 8 de marzo “Día internacional das mulleres” diferentes colectivos, organizacións e mulleres individuais pertencentes ao movemento feminista da Coruña quixeron organizar unha festa popular aberta a participación de toda a sociedade.

O día comezará ás 12 da mañá na Praza das Conchiñas coa decoración da rúa Barcelona e esquina coa rúa Corcubión, e coa distribución de convites para todas as veciñas da zona.

Ao longo do día terán lugar diferentes actividades, performances, e exposicións que tratarán de reflectir sobre as causas e consecuencias das reivindicacións das mulleres, os logros atinxidos durante toda unha vida de loita, e as expectativas coas que encaramos o presente e o futuro as feministas de hoxe en día. Finalizaremos a xornada compartindo o manifesto conxunto con todas as presentes ás 8 e media da tarde.

Todas e todos estades convidadas a participar axudando nas diferentes tarefas, soprando as veas da tarta de celebración, pedindo desexos para o futuro, e aportando as vosas propias experiencias e reflexións, construíndo entre todas e para todas unha realidade chea de esperanza, de forza e sobre todo de felicidade.

Felices 100 anos, e moitos mais!!!

Acsur Galiza - Cafés Feministas - Comisión de Xénero da coord. galega de ONGDS - Marcha Mundial das Mulleres da Coruña - MUlleres DEportistas GAlegas - Nomepisesofreghao - Recdeiras - Transmaribolheras Precárias - Trocamundo

0 comentarios:

Publicar un comentario

Déjanos tu opinión aquí