Rectificación

En liberdade sen cargos o mozo detido pola morte dunha nena de tres anos en Tenerife

A autopsia revela que a pequena non foi violada nin sufriu malos tratos.

José Moreno | Colpisa
Data de publicación:
28/11/2009

O mozo que foi detido pola presunta violación e malos tratos a unha nena de tres anos, filla da súa parella, e que foi ata internado na prisión Tenerife II, quedou en liberdade a primeiras horas da tarde do sábado despois de que os informes da autopsia revelasen que non existían lesións que indicasen abusos sexuais nin traumas debido a malos tratos. Segundo fontes desa investigación, os traumatismo que presentaba a pequena poderían deberse a un accidente doméstico ou, en calquera caso, a unha caída fortuíta na randeeira da súa casa.
Unha vez coñecido o primeiro avance do informe da autopsia realizada á nena, o xuíz de Arona ordenou a liberdade sen cargos do mozo. A decisión prodúcese despois de que das análises revelasen que a pequena Aitana puido falecer por mor dunha hemorraxia interna orixinada ao caerse dunha randeeira, dúas ou tres días antes do óbito. Os forenses descartan que as lesións lla causase unha persoa.
O mesmo exame descarta que a nena sufrise algún tipo de agresión sexual. Desde o primeiro momento, esta versión foi sempre sostida pola nai da pequena e o seu compañeiro sentimental, sobre o que recaeron todas as sospeitas da morte de Aitana.

Fuente: La Voz de Galicia.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Déjanos tu opinión aquí