A violencia de xénero é un delito. O maltratador convértese nun delincuente e a agredida nunha vítima do maltratador.
Ás veces para moitas persoas pode resultar difícil entender como unha muller que, sendo agredida polo seu home, continúa con esa relación ou no seu lugar de traballo (nos casos de acoso sexual). Pensan “non ha ser moi grave”, “se se queda, ela saberá”. O certo é que o maltrato é un proceso no que ás veces é difícil recoñecer o inicio, que as mulleres están socializadas en base a frases como “hai que ter paciencia”, “xa se sabe como son os homes”, “ningunha relación é fácil”, “el é o que manda”.
Hai que ter claro que cando hai malos tratos en realidade non existe unha relación de parella ou relación de respecto mutuo, o que existe é unha relación de abuso, e como relación de abuso causa efectos destrutivos na saúde das mulleres que poden persistir a moi longo prazo, aínda moito tempo despois de finalizada a situación de violencia. Eses efectos prexudiciais para as mulleres poden ser de carácter físico, psicolóxico, social ou laboral.
En 1989, Walker definiu a síndrome da muller maltratada como o “conxunto de lesións físicas e psíquicas resultantes das agresións repetidas levadas a cabo polo agresor”. É dicir, o conxunto de síntomas que se manifestan de maneira simultánea ou combinada, unhas veces de forma máis intensa, outras menos, dependendo da situación vivida por cada muller, a duración e o tipo de violencia sufrido, etc.

As consecuencias para a vítima:
Síntomas e efectos na saúde física:
As mulleres vítimas de violencia teñen unha morbimortalidade maior.
Efectos derivados directamente do maltrato físico: sinais de golpes, feridas, fracturas, queimaduras, problemas neurolóxicos, discapacidades. As rexións anatómicas que poden verse afectadas cobren todas as posibilidades, así como distintas estruturas orgánicas (pel, mucosa, ósos, vísceras...). O cadro máis frecuente de lesións é o que abarca lesións na cabeza, cara, colo, peito e abdome, combinado con lesións antigas e recentes, así como referencias vagas de molestias e dores cuxa natureza non se corresponde, a miúdo, co que a muller sinala como motivo da consulta médica.
Efectos derivados da tensión e do estrés continuado que produce a violencia: esgotamento e desgaste físico, hipervixilancia, estado de alerta, baixo sistema inmunitario, problemas respiratorios, cardíacos, dores de cabeza, de costas, problemas de sono, insomnio, pesadelos, problemas relacionados coa alimentación, anemia, anorexia, bulimia, diarreas, incontinencia urinaria.
Como consecuencia prodúcese unha maior inxestión de psicofármacos e, en ocasións, tamén de consumo de tabaco e alcohol.
A saúde de mulleres maltratadas é máis vulnerábel a situacións de estrés que se poden producir no futuro.

Síntomas e efectos na saúde psíquica:
De carácter agudo:
A primeira reacción da muller vítima de violencia consiste nunha autoprotección e en tratar de sobrevivir ao suceso, aparecen reaccións de shock, negación, confusión, abatemento, atordamento e temor. As vítimas de maltrato viven sabendo que en calquera momento se pode producir unha nova agresión, o que fai que desenvolvan unha extrema ansiedade que pode converterse en verdadeiro pánico. Así, moitas mulleres presentan síntomas asociados coa baixa autoestima, sensación de non ter ningunha valía, culpabilidade, vergoña e temor á perda de control. O diagnóstico clínico é o de depresión.
A longo prazo:
Temor, ansiedade, fatiga, alteracións alimenticias e do sono, reaccións intensas de medo e queixas físicas en forma de molestias e dores inespecíficos. En definitiva, baixa autoestima, depresión, reaccións tensas e sensación de desamparo e impotencia; a isto hai que engadir as manifestacións das vítimas referíndose e insistindo na incapacidade para controlar o comportamento violento dos seus agresores.
A repetición do ciclo da violencia instaura a síndrome da indefensión aprendida, unha síndrome que promove un estado de parálise progresiva, no que a muller aprende que, faga o que faga, sempre será maltratada; que non pode controlar nin deter a conduta do maltratador, e que calquera acción que ela emprenda pode provocar un mal peor. Ademais, as mulleres vítimas de violencia presentan un gran temor a cambiar a súa situación, que se basea na culpa por destruír a familia e na anomia persoal. A forte dependencia afectiva, sumada ao illamento funciona como un obstáculo. As mulleres desenvolven mecanismos de defensa, estratexias psicolóxicas para poder sobrevivir ao maltrato, como a simpatía co agresor, defendéndoo, protexéndoo ou xustificándoo; minimizan as agresións, néganas, ignóranas ou tratan de esquecelas. E algunhas chegan á pasividade extrema acatando todo o que o agresor lles ordena sen mostrar ningunha resistencia para evitar un posíbel episodio de enfrontamento que pode acabar en violencia: deixan de pensar e de sentir, funcionan como autómatas, e centran a súa vida arredor das demandas e necesidades do agresor.
A dependencia emocional é a máis difícil de verbalizar e de rachar, a muller permanece unida ao seu agresor por unha especie de gomas elásticas xigantes. Cando intenta rematar coa relación e afastarse del, a goma vaise estirando até chegar, incluso, a un punto próximo á ruptura, pero resulta moi difícil de superar e, canto máis se afasta, maior é a tensión que a fai volver. Para unha persoa debilitada física e psicoloxicamente, e temerosa de dar pasos, será moi difícil conseguir escapar destes lazos; necesita a axuda dos mecanismos sociais que actúen como tesoiras que permitan liberala.Unha das consecuencias do maltrato á muller é a presenza nestas do trastorno de estrés postraumático (TEP), que é común a aquelas persoas que sufriron unha lesión psíquica importante (por exemplo, as vítimas de actos terroristas). A sintomatoloxía que presentan é a reexperimentación dos recordos das agresións, pesadelos recorrentes, a evasión de todo o asociado cos episodios violentos, un atoamento na súa capacidade de resposta e un aumento do estado da activación que se manifesta en irritabilidade, sobresalto, estados constantes de alerta...

Síntomas e efectos na saúde sexual:
Como consecuencia das relacións sexuais impostas, vividas con medo e con dor, a muller sofre perda do desexo sexual, desenvolvemento de fobias e dificultades para gozar a sexualidade no futuro.
Problemas xinecolóxicos: infeccións recorrentes, enfermidades de transmisión sexual, dor pelviana, problemas urinarios.
Síntomas e efectos na saúde reprodutiva
Embarazos non desexados, ameazas de aborto, abortos, abortos clandestinos.
Durante o embarazo: hemorraxias vaxinais, infeccións e anemia.
Parto prematuro, baixo peso da criatura.

Síntomas e efectos de carácter social:
Ademais das consecuencias directas na saúde das mulleres, tamén se pode falar de consecuencias sociais, como a redución da súa produtividade, atrasos habituais e absentismo laboral, perda sistemática de emprego.No caso de separación, as mulleres enfróntanse a numerosas dificultades e teñen que refacer a súa vida a todos os niveis:
Continuar protexendo a súa integridade física e a súa seguridade e, de ser o caso, a dos fillos e das fillas.
Como consecuencia do illamento ao que se viron sometidas, enfróntanse a dificultades laborais ou ao desemprego (segundo os casos), necesitan aumentar ou poñer ao día a súa formación, desenvolver unha rede de relacións sociais e de amizades.
Moitas veces acceden ao mercado laboral por primeira vez e acaban nun emprego precario ao que dedican un gran número de horas para conseguir o mínimo vital que necesitan, o que deteriora aínda máis a súa saúde.

As consecuencias no ámbito familiar
Pero as consecuencias non son só para a muller vítima, senón tamén para as persoas que conforman a unidade familiar, para as amizades e familiares. Son moi importantes as consecuencias que a vivencia directa dos malos tratos ten para os/as fillos/as. As fillas e fillos non só son testemuñas da violencia, senón que son sempre vítimas. Na meirande parte dos casos os e as menores presencian os episodios violentos, son obxecto deles, escóitanos, ven posteriormente as consecuencias e/ou respiran o clima de tensión constante.
Se a isto sumamos o feito de que a familia funciona como unidade primaria de socialización do/a neno/a nos primeiros anos de vida, que lle proporciona o coñecemento de valores, pautas de comportamento e, en xeral, as habilidades sociais que a persoa necesita para pasar a formar parte activa da sociedade na que vive, pode dicirse que a visión constante de episodios de violencia pode provocar no/a menor un desenvolvemento de condutas nocivas, ao mesmo tempo que pode repercutir directamente sobre a súa saúde do seguinte xeito:
Dificultades no trato con outras persoas: os nenos ou nenas expostas a constantes episodios de violencia poden presentar grandes acumulacións de ira, o que provoca que teñan dificultades para controlar o seu propio comportamento, co que aumenta o risco de que recorran á violencia como método de resolución dos seus propios conflitos.
Represión de sentimentos: poden optar por reprimir os seus sentimentos como medio de control dos seus medos, o que pode derivar nun desenvolvemento patolóxico a longo prazo.
Redución de autonomía: os/as nenos/as precisan sentir que exercen algún tipo de control sobre algún elemento, pero baixo a convivencia do medo ven restrinxida a súa autonomía persoal.
Perigo de quedar psicoloxicamente nunha etapa anterior: cada menor tolera a presión de distinto xeito e, ás veces, opta por evocar épocas nas que todo era máis fácil como medio de defensa, o que pode provocar o estancamento e, polo tanto, a falta dun desenvolvemento psicolóxico normal en relación coa súa idade.
Na maior parte dos casos presentan memoria distorsionada, mingua das súas capacidades cognitivas, ansiedade, depresión, estrés, dificultades de concentración, enfermidades psicosomáticas, alteracións do desenvolvemento integral...
As consecuencias para a sociedade
A violencia de xénero ten consecuencias tamén para toda a sociedade: en relación cos bens e servizos investidos no tratamento e prevención da violencia (coidados médicos, sistema policial e xudicial, sistema de servizos e axudas sociais...), ao sufrimento para as vítimas (maior incidencia de enfermidades nas vítimas, maior mortalidade e incremento do número de suicidios, incremento de trastornos depresivos), impacto na macroeconomía (menor participación no mercado de traballo, menor produtividade, maior absentismo laboral, redución de investimentos...), efectos sociais de multiplicación do dano (a transmisión interxeracional da violencia, o desgaste de capital social e a menor participación no proceso democrático), entre outros.
É moi habitual que os cidadáns e cidadás se pregunten por que as mulleres soportan tantos anos de violencia, por que non o contan e piden antes axuda. Pero o que hai que preguntarse é QUE OBSTÁCULOS LLES IMPIDEN SAÍR DESTA SITUACIÓN?

0 comentarios:
Publicar un comentario
Déjanos tu opinión aquí